Visitas á páxina

martes, 20 de noviembre de 2012

Un ano con Rajoy

Despois do 20N no que o PP usou a crise para auparse ó poder e con Rajoy á fronte do Goberno prometendo reducir o paro a metade, baixar a prima de risco e reducir o déficit temos algúns indicadores que nos falan da súa xestión:

1 PARO

Era o cabalo de batalla de Rajoy, a súa prioridade. Había unha tasa de paro do 21,52%, según a Enquisa de Poboación Activa(EPA): 4.978.300 parados. Un ano despois estamos no 25,02% = 5.778.100 parados. E está previsto que siga subindo.
E temos que añadir o aumento de emigrantes que non engrosan as listas do paro.
Datos tomados do Instituto Nacional de Estatística: http://www.ine.es/daco/daco42/daco4211/epa0312.pdf
IndicadorPeriodoValorVariación (%)
IPC2012M10104,3553,5Información detallada
EPA. Ocupados (miles)2012T317.320,3-4,60Información detallada
EPA. Tasa de paro2012T325,023,501Información detallada
PIB (millones €)2012T3263.342-1,62Información detallada
Población total (miles)201247.213,00,03Información detallada
.









.

E a cousa vai a peor, vexamos a 25-IV-13:

Ou sexa a Reforma Laboral para crear emprego o que creou foi máis paro, menos salario e menos dereitos laborales

En dous anos de Rajoy, remata 2013, ca tasa de paro no 26,03%

2013:
Tanto o Goberno de Madrid como o galego seguen botando bombas polos datos do paro, datos que incitan a error. Datos, que analizados, nos din:

1º Hai 5.896.300 persoas inscritas nos servicios públicos de emprego.
En 2013, España volvíu a destruir emprego por sexto ano consecutivo.
Esto é debido á pérdida de poboación activa + xente que emigra + xente que se cansa de estar inscrita na oficina de emprego e deixa de pasar revistas porque só sirven para perder tempo e diñeiro. Esto xustifica a diferencia cos afiliados á Seguridade Social. Ou sexa que se segue destruíndo emprego: o paro rexistrado baixa, pero a afiliación (o emprego creado) tamén baixa: en 2013 se destruíron 198.900 empregos 

2º Os contratos temporais, cada vez máis curtos, aumentan. E os contratos fixos e a largo prazo disminúen: a calidade de emprego empeora.


O número de fogares con todos os seus membros activos en paro está en 1.832.300
O número de fogares nos que todos os seus membros activos están ocupados descendíu en 32.800 hasta 8.260.300 
Conclusión: Destrúese emprego e o que hai cada vez é de peor calidade.

ESTES SON REALMENTE OS LOGROS DO GOBERNO DO PP, por moito que nos traten de enganar.


2 SANIDADE

Pasamos de ter unha sanidade de 1ª a unha sanidade para ricos e outra para pobres. Pasamos de ter unha sanidade universal a ter unha sanidade de pago para quen a poida pagar. Pasamos de ter un patrimonio sanitario público a un patrimonio privado e para uns poucos.
Estase privatizando a sanidade pública, en beneficio duns poucos amigos, e cun repago que obliga a moitos enfermos a prescindir de medicación para poder comer.
A finais de 2013 o repago en sanidade aumenta

3 FAMILIAS

Os datos do INE son esclarecedores: as familias que pasan moitas dificultades para chegar a fin de mes subiron do 27,3% en 2011 a 33,2% en 2012.
As axudas á dependencia reducíronse co conseguinte deterioro do entorno familiar

En dous anos a pobreza casi se duplicou mentras as grandes fortunas medraron

4 EDUCACIÓN

Aumentou o nº de alumnos por profesor. Aumentou o nº de colexios privados(subvencionados polo estado) para os privilexiados en detrimento das familias normales. Discriminación na educación por sexo. Adouctrinamento relixioso dos nenos no canto de dar liberdade de ensinanza.
A lei Wert vóltanos ós tempos escuros da educación franquista

5 PRIMA DE RISCO

Pasou de 441 puntos básicos en Novembro de 2011 a 454 en Novembro de 2012 e en Xullo estivo en 639 co conseguinte problema para financiarse nos mercados.


6 PRODUCTO INTERIOR BRUTO(PIB)

Rajoy basou toda a súa estratexia económica na austeridade sin un só gramo de política de crecemento, polo que o PIB cos seus recortes contraíuse drásticamente. En Novembro de 2011 (xa entrada a crise) o PIB aínda crecía o 0,8% e en Novembro de 2012 o PIB tivo unha caída interanual do 1,6%.
Datos tomados do INE: http://www.ine.es/prensa/cntr0312.pdf
E a cousa vai a peor e sigue en caída libra a 25-IV-13

7 DEREITOS LABORALES

Ca súa Reforma Laboral os traballadores perderon tódolos seus dereitos conseguidos en dous séculos con moitos mortos, miles de detidos, miles de torurados e miles de encarcerados. Rajoy barríunos dun plumazo dándolle tódolos privilexios ós grandes empresarios para que puideran despedir á súa conveniencia e poder baixarllelo soldo ó seu antoxo. O pequeno empresario non é beneficiario porque contrata nun acordo persoal co traballador.
E por encima creou paro no canto de crear emprego.

8 DÉFICIT PÚBLICO

En Novembro de 2011 o Déficit Público estaba no 3,42% do PIB e en Novembro de 2012 está no 4,39% e según a UE chegará a finais de ano ó 8% cando o obxetivo da UE era que non sobrepasara o 6,3%.
E a cousa vai a peor a 25-IV-13

9 XUSTIZA

Convertíuse a Xustiza nunha xustiza para ricos en outra(ou nula) para pobres. Cas tasas que se lle implantaron a maioría dos cidadáns non denunciarán unha inxustiza porque lle sae máis cara ca o que lle corresponde xustamente e en cambio as fortunas acudirán á xustiza porque para eles a tasa é un lixo.
O PP entende que para eliminar os atascos nos xuzgados fai eliminar a xustiza e xa non hai xuízos. Para eliminar as listas de espera nos hospitais basta con que morran os doentes.

10 DEUDA PÚBLICA

O 2011 acabou cunha Deuda Pública do 68,5% do PIB e en Setembro de 2012 estaba no 76% e prevese que a finais do 2013 ronde o 90%.
Pasando no 2014 ó 100%

En novembro de 2013 a deuda pública está por encima do 98%

11 INFLACIÓN

En Outubro de 2011 o IPC estaba no 3% en Outubro de 2012 estaba no 3,5% e ou non actualiza as pensións co correspondente desvío do IPC ou a inflación sube. E si non actualiza as pensións pérdese aínda máis poder adquisitivo ca correspondente contracción económica.

12 FUGA DE CAPITAIS

Ante a parálise económica neste ano de Rajoy a fuga de capitais multiplicouse por 620 según os datos do Banco de España.


13 MOROSIDADE

En Outubro de 2011 a morosidade estaba no 7,41% e en Outubro de 2012 está no 10,71%, polo que chegamos ó drama dos desahucios: un problema que se viña xenerando pero que se multiplicou no 2º trimestre producindo varios suicidios polo que queren tomar cartas no asunto pero de momento puxeron unha tirita para tapar unha hemorraxia: unha aspirina para curar un cáncer.
Estes datos pódense contrastar na nota de prensa do INE: http://www.ine.es/prensa/cntr0312.pdf

CURSO POLÍTICO 2013-14

Na inauguración do curso político o 1 de setembro de 2013 en Soutomaio (Pontevedra) Rajoy dixo:
“Las cosas no están bien pero están mejor que hace un año”
Máis unha vez, como é a súa costume, mentíunos. E eiquí están os datos para confirmalo:

DESEMPREGO

Según a Enquisa de Poboacón Activa (EPA) a tasa do paro aumentou un 1,63% con un total de 284.400 parados máis. O paro xuvenil aumentou un 2,86% e o nº de OCUPADOS caíu en 633.000 traballadores.

INDICADORES ECONÓMICOS

Eiquí si hai unha leve melloría, a prima de risgo sufríu un descenso ó baixar ós 238 puntos, o IBEX 35 subíu casi ós 1.000 puntos.
Nembargantes o crecemento interanual do Producto Interior Bruto (PIB) caíu un 1,7% cando no mesmo período de 2012 a caída era do 1,4%. E a DEUDA PÚBLICA  aumentou casi 15 puntos. Todo esto nun contexto de recortes e austeridade

En contra do que dixo que o rescate á banca a iba a pagar os bancos, mentíu (coma sempre), e dos 52.000 millóns de € que se lle deron ás entidades financieiras, 36.000 millóns de € pagarémolos todos

EDUCACIÓN

Aumento xeral das tasas universitarias e recortes nos presupostostos para becas co que os cidadáns con menos recursos económicos teñen unha panorámica negra.
A partida para becas sufríu un recorte de 43 millóns de €. O precio medio do crédito subíu un 2.34€. O máster público subíu 20€ por crédito.
Polo que o nº de estudantes que abandonou os estudos por causas económicas doblouse nos últimos 4 anos.

O presuposto público a educación disminuíu 4,1% en 2012 e un 7,3 % en 2013
Reducíuse un 50 % en partidas como a Sanidade, a Educación ou a Investigación

SANIDADE

As listas de espera pasaron de 73 días a 100 días

POBREZA E DESIGUALDADE

Os datos neste campo non sairán ata o 2014.
Pero temos os datos de Cáritas de Desigualdad y derechos sociales; Análisis y perspectiva 2013.
Datos dramáticos:
A Renta Per Cápita sitúase nos 18.500€. Desde o ano 2007 producíuse unha caída do 4% dos salarios e un incremento dos precios do 10%.

E con todo esto o PP bota foguetes de alegría-
Pero non hai problema, según Rajoy:

HESPAÑA VAI BEN





No hay comentarios:

Publicar un comentario